AXUSTAR REACCIÓNS QUÍMICAS
H2 + O2 —————> H2O
O que habería que facer primeiro, é numerar cada un dos apartados:
a)H2 + b)O2 —————> c)H2O
O seguinte, sería poñer a parte, cada unha das substancias:
H:
O:
Logo, por exemplo, a H, habería que poñer o número de Hidróxenos que hai nos apartados a) e b), que son os que están antes da frecha. Logo, habería que poñer un igual " = ", e poñer o número de hidróxenos que hai no apartado c), que é o que está despois da frecha. Quedaría así:
H: 2a = 2c
O: 2b = 1c
A continuación, habería que elixir unha letra que valla un. Neste caso só vale 1 a C, entón, habería que facer as anteriores operacións, sabendo que C, é igual a 1:
H: 2a = 2c | 2a = 2·1 | 2a = 2 | a = 2/2 | a = 1
O: 2b = 1c | 2b = 1·1 | 2b = 1 | b = 1/2
Entón, as solucións serían:
a = 1
b = 1/2
·c = 1
Isto quedaría así se ningún resultado tivese denominadores, pero como os hai, hai que facer o mínimo común múltiplo de todos os denominadores, e multiplicalo por cada un dos resultados. Pero como neste caso só hai un denominador, que é o 2, multiplicamos as solucións por 2.
Soluciones:
a = 1 | 1/1 · 2 = 2
b = 1/2 | 1/2 ·2 = 2/2 = 1
·c = 1 | 1/1 · 2 = 2/1 = 2
——————————————————————————————————————
OUTRO EXEMPLO:
a)Na2FeO3 + b)CO2 —————————> c)O2Na + d)O3Fe2C
Na: 2a = 1c | 2·2 = c | 4 = c
Fe: 1a = 2d | 1a = 2·1 | a = 2
O: 3a + 2b = 2c + 3d |
C: 1b = 1d | 1b = 1·1 | b=1
Solucións:
a: 2
b: 1
c: 4
·d: 1
No hay comentarios:
Publicar un comentario